Artigo de divulgación: Como se fai a ciencia. by Leonor Parcero

Este sábado publicouse un artigo que escribín para o caderno Aprender do Nós Diario, explicando de xeito moi resumido como imos construíndo o coñecemento científico.

O contido do mesmo podes lelo máis abaixo aquí ou descargar o PDF da publicación.

NosDiario_Portada_Aprender_ARtigo.png

[Artigo publicado orixinalmente no caderno Aprender do Nós Diario o 12 de setembro de 2020]

Vivimos días incertos, incómodos, pero tamén históricos e apaixonantes. Virámonos cara a ciencia buscando respostas e solucións a esta pandemia que tanto afecta á nosa vida e non atopamos certezas senón cambios de criterio constantes ofrecidos por diferentes investigacións científicas. Non nos ofrecen tratamento definitivo, non nos ofrecen vacina… case seis meses despois do noso confinamento, expertas e expertos de todo o mundo seguen discutindo se a transmisión se da por aerosois ou por pingas… Sabemos que está pasando? Estanos a fallar a ciencia? 

O coñecemento científico que posuímos é provisional e esta característica, moi ao contrario do que parece, é onde está a súa fortaleza. A posibilidade de investigar, probar e experimentar sobre o que demostraron outros, de modificar a “verdade científica” é o que fai posible o avance. Os fracasos, as probas, os erros, os cambios de criterio, forman parte da base sobre a que a humanidade constrúe o seu saber. Os avances dos que gozamos en todos os campos constrúense en equipo: medran sobre os coñecementos previos de persoas que dedicaron a súa vida a investigar para, unhas poucas veces, acertar e facer xirar a roda para a seguinte xeración. Os resultados que nos ofrece a ciencia son obras colectivas. “Podemos mirar lonxe porque subimos a ombros de xigantes”.

 O noso problema hoxe é a urxencia, a necesidade. Como de rápido se pode facer a ciencia? O método científico ten os seus tempos e calquera paso adiante ha ser comprobado e revisado para poder ser considerado rigoroso. Unha vez se obtén un resultado, este ha de publicarse nunha revista especializada en forma dos famosos papers (artigos), unha especie de informes cunha estrutura definida, en base aos cales calquera especialista podería repetir o experimento e obter os mesmos resultados, comprobando se é correcto ou non. Estes artigos, previamente á súa publicación, son revisados e analizados por persoas expertas, que determinan se o que alí se recolle é correcto. Unha vez publicado, considérase que o que conta está comprobado. 

 Este proceso é lento, de aí que durante estes meses teñamos oído tantas veces noticias baseadas en preprints: versións preliminares dos estudos, sen revisar por pares. Ás veces, axudan a acelerar os pasos necesarios para ser considerados ciencia comprobada, pero tamén contribúen ao ruído e á confusión no eido informativo.

 Estamos ante unha emerxencia e, ante ela, temos a resposta de toda a comunidade científica, que nos ofrece resultados a unha velocidade nunca antes vista. A xa coñecida historia do SIDA (cos primeiros casos descritos en 1981, tardáronse dous anos en descubrir que o causaba) a comparación co novo coronavirus, danos unha idea da magnitude do que se está a lograr. Non perdamos de vista que foi o 31 de decembro de 2019 cando se detectaron algúns casos dunha pneumonía atípica e o 7 de xaneiro xa se tiña identificado o virus e o seu xenoma estivo dispoñible tres días despois.  

 É o momento da ciencia, é o momento da cooperación e aquí, nas nosas institucións, tamén se traballa contra o reloxo buscando solucións que nos permitan seguir coas nosas vidas, coa maior normalidade, o antes posible. 

 Están en marcha proxectos, neste caso liderados ou participados pola Universidade de Vigo, que buscan a detección temperá do virus a través de métodos máis rápidos, baratos e fiables: estudos xenómicos para coñecer o camiño que fixo o virus en Galicia, estudos que analizan augas residuais para adiantarse aos brotes, modelos predictivos que acaben co problema na fiabilidade dos datos, sistemas de desinfección de espazos con drones, novos métodos de detección do virus en mostras combinadas… Todos eles en colaboración con outras universidades e centros de investigación galegos, de fóra do país e tamén estranxeiros, contando con financiación específica para esta crise, lograda en convocatorias extraordinarias moi competitivas.

 A ciencia, a cooperación e coordinación como única saída a este momento tan difícil.

 

 

 

Colaboración con Nós Diario: Ciencia é cultura by Leonor Parcero

Hoxe teño unha pequena colaboración no caderno Aprender de Nós Diario

NosDiario_LeonorParcero.png

Texto publicado orixinalmente o 17 de xuño de 2020 no caderno Aprender do Nós Diario

Afeitos como estamos­ a celebrar e aplaudir os incríbeis logros da ciencia, estamos a afrontar con frustración e, en moitos casos, con enfado, as incertezas e os cambios de criterio que a investigación nos ofrece nestes días estraños. Non somos conscientes dos tempos da ciencia, de que medra sobre cada fracaso, sobre cada erro. Estamos a vivir, en directo, a complexidade da investigación e do método científico, algo que para os que non pasamos cada día nun laboratorios é case completamente alleo. Este descoñecemento está tendo por primeira vez para todos nós influencia real e verdadeira nas nosas vida como tamén o está a ter a outra pandemia que sufrimos: a das alburgadas.

A ciencia é cultura. Como cidadanía, deberiamos reclamar unha inversión en comunicación social da ciencia que nos ofreza mellores ferramentas para afrontar o día a día e para poder participar plenamente e de xeito informado do debate democrático das políticas científicas, que, ao final, non nos son tan alleas.

___

Traducción - Español

Acostumbrados como estamos a celebrar y aplaudir los increíbles logros de la ciencia, estamos afrontando con frustración y, en muchos casos, con enfado, la incertidumbre y los cambios de criterio que la investigación nos ofrece en estos días extraños. No somos conscientes de los tiempos de la ciencia, de que crece sobre cada fracaso, sobre cada error. Estamos viviendo, en directo, la complejidad de la investigación y del método científico, algo que para los que no pasamos cada día en un laboratorio nos es completamente ajeno. Este desconocimiento está teniendo por primera vez para todos nosotros una influencia real y verdadera en nuestras vidas como también lo está teniendo la otra pandemia que sufrimos: la de los bulos.

La ciencia es cultura. Como ciudadanía, deberíamos reclamar una inversión en comunicación social de la ciencia que nos ofrezca mejores herramientas para afrontar el día a día y para poder participar plenamente y de manera informada del debate democrático de las políticas científicas que, al final, no nos son tan ajenas.

 

En el congreso de SciComPT representando a DivulgAcción by Leonor Parcero

La crisis del coronavirus se ha llevado por delante a multitud de eventos y otros tantos han tenido que reinventarse. Miles de congresos y encuentros se han celebrado exclusivamente online y así ha sido posible disfrutarlos desde el confinamiento. No es lo mismo, pero esto también está muy bien. Han sido días muy intensos, porque el lado bueno de la transformación a eventos online es que durante estos meses he podido presenciar e incluso participar en muchos eventos en los de otra manera no podría haber estado por celebrarse en otras ciudades o en horarios que difícilmente podría conciliar con mi vida familiar, así que bienvenidos sean estos cambios que nos acercan unos a otros.

Uno de esos eventos que se convirtió en online es el Congreso de SciComPT, la asociación de comunicadores científicos portugueses. Teníamos que habernos visto en Azores en mayo, el nuevo coronavirus lo impidió pero nuestros amigos y vecinos de SciComPT fueron muy rápidos y con un grandísimo esfuerzo lograron que podamos disfrutar de decenas de ponencias y debates desde nuestra casa.

En el vídeo que dejo aquí debajo podéis ver mi participación, como presidenta de DivulgAcción, la Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica. Tres minutos para hablar del reto de acercar la ciencia al público “no interesado”:

Apresentação no Congresso #SciComPt2020 online Título: El reto de acercar la ciencia al público no interesado Autoria: Leonor Parcero López (DivulgAcción - A...